LEVA UN CÓMIC!
20 OutPois si: entre as moitas sorpresas que leva Mil Cousas Libro Dous hai un cómic! Encántanme as mesturas. Góstame moito cando no medio dun libro aparecen páxinas de cómic, ou cando no medio dun cómic aparecen páxinas de libro. Con estas viñetas que tedes aquí comezan unhas cantas páxinas nas que conto a historia do canario Chals utilizando a nobre arte da Banda Deseñada. E con rimas!
Canarios cantores
12 OutEn Mil Cousas 2, o canario Chals pode por fin contar a súa historia, aquela na que se relata cómo é que o Val das Nove Fontes está cheo de canarios procedentes da arredada Selva dos Recendos. O xeito en que Chals narra o conto é unha das grandes sorpresas que poderedes ler en Mil Cousas 2.
Mentres tanto aquí vai a arte doutro abraiante canario cantor. É unha animación de Juergen Haas utilizando a técnica da stop motion: