Arquivo | Uncategorized RSS feed for this section
Imaxe
A debuxar con Marcopola en El Corte Inglés!
7 MaiDirixido a nenos e nenas de Primaria!
Hai límite de prazas: apuntádevos no 986416400
Marcopola, a illa remeira
18 OutXa chegou ( remando, claro) a versión ao galego do meu cómic Marcopola, a illa remeira. Este é o primeiro número da colección, titúlase ” As orixes de Marcopola” e fala dunha pequena illa que un día atopou un remo e varios amigos, …mais tamén enemigos. Espero que vos guste moito! Saúdos!
MIL COISAS PODEM ACONTECER
31 MaiAquí tedes unhas páxinas de Mil coisas podem acontecer, é dicir, a versión brasileira do libro primeiro de Mil Cousas poden pasar. Botade un ollo e veredes o moito que o brasileiro ou portugués de Brasil se parece ao galego, por algo son linguas irmás. O libro foi traducido por Luiz Reyes Gil e quedou de marabilla.
BOAS CRÍTICAS PARA MIL COUSAS LIBRO 2!
14 MaiMoitas grazas polas vosas opinións e debuxos. Aquí van as do CEIP Alfonso D. R. Castelao de Vigo. Estes días irei colgando algúns dos vosos fabulosos traballos neste ano de visitas a coles de toda Galicia. Se subides cousas aos blogs do voso colexio ou biblioteca deixádeme aviso nun comentario para que faga a ligazón. Saúdos!